Asembleas anuais (2024)

Par GALPon

Personne ne participe

À propos de cet événement

Adrián Chaves Fernández, secretario do Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, por orde do Presidente e conforme ao Artigo 25 dos Estatutos desta Asociación, convoco a todas as persoas socias á Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o SÁBADO 1 de XUÑO de 2024, ás 19:00 horas en primeira convocatoria, e ás 19:30 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior

  2. Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades

  3. Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2023

  4. Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2024

Así mesmo, convoco na mesma data SÁBADO 1 de XUÑO de 2023, a Asemblea Xeral Extraordinaria ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

  1. Elección dos membros da Xunta Directiva

  2. Ratificar a expulsión de persoas socias, a proposta da Xunta

Directiva, por falta de pagamento de cotas.

As asembleas terán lugar, se non hai noticias en contra, nas oficinas de Librebit/Aitire, na rúa Uruguai, nº 15, entresollado B, de Vigo.

Prégase a asistencia de todas as persoas socias. Lembrámosvos que para exercer o dereito a voto debe estarse ao día no pagamento da cota.

Lembrámosvos, así mesmo, que a cota é por anos naturais. Por se alguén desexa pagar en efectivo, o Sr. Tesoureiro estará presente e poderá

facer os cobros.

PD. Se alguén quere engadir algún punto á orde do día, pode facelo en resposta a este fío, enviando copia a secretario@galpon.org antes do LUNS 27 de MAIO de 2024.

AVISOS:

Se alguén quere participar mais non pode facelo persoalmente, podemos organizar unha xuntanza coa plataforma BBB. Só tendes que solicitalo e farémolo. Por ser confidencial, a ligazón pasarásevos de xeito privado e cun contrasinal de acceso.

Para votar podedes enviar un apoderamento a outro/a socio/a ou directamente unha notificación ao Sr. Secretario. Ambos os documentos deberan conter a sinatura dixital e serán remitidos con data límite do 30 de MAIO. Solicitade modelos se o necesitades.

Commentaires

Pas encore de commentaires

Ces événements peuvent vous intéresser

ABD

ALISTER JAMES

Xemdagatructiep - Xem đá gà trực tiếp, xem giải trí. Chia sẻ kiến thức nuôi gà.

xem đá gà trực tiếp

Spider Veins Specialist

Gorgeous Peridot Stone Jewelry at Rananjay Exports India